Cargando resultados...
Barcelona nun dos seus días grandes: a festa do libro e da rosa
G24.gal
23/04/2023 15:26
Este 23 de abril celébrase dun xeito moi especial en Barcelona.
O Sant Jordi deste ano volveu bater marcas. Os barceloneses botáronse á rúa nunha xornada na que o tempo acompañou.
Rúas ateigadas e afluencia masiva para cumprir coa tradición e chegar á casa cun libro e unha rosa. A festa de hoxe foi a da plena recuperación despois da pandemia. Este domingo foi, en Barcelona, a culminación dunha semana grande, na que lectores e escritores se deron cita co atractivo engadido dos descontos.
E, por suposto, non faltaron as rosas.