Bendición tradicional das mascotas polo Santo Antón en Vilagarcía de Arousa
Un oficio relixioso que cada ano conta con máis participantes, aínda que o tempo non acompañe
Tamén asiste a Protectora de Animais de Vilagarcía para dar visibilización ao problema do abandono
Este mércores é o día de Santo Antón, patrón dos animais. En moitos lugares a xente acode ás igrexas a ofrecer os seus animais. Por exemplo na de Santa Baia, en Vilagarcía de Arousa.
Din que Santo Antón Abade ten o poder de curar e protexer os animais, por iso os fregueses acoden coas súas mascotas para recibir a súa bendición do santo protector. Un oficio relixioso que cada ano conta con máis participantes, aínda que o tempo non acompañe.
Os donos de cans, gatos e todo tipo de mascotas, como coellos ou aves, non faltan á cita anual para conmemorar esta festividade, á que tamén asiste a Protectora de Animais de Vilagarcía para dar visibilización ao problema do abandono dos animais.
Segundo a tradición, o santo obrou o milagre de curar a cegueira dunha femia de xabaril acabada de parir e salvou a súa vida e a das súas crías. Unha beizón sagrada que tamén serve de xuntanza social para os animais, que puideron facer novos amigos durante esta cita tradicional.