Cargando resultados...
Campaña de recollida de alimentos para enviar a Ucraína
A asociación AGA Ucraína continúa enviando camións con axuda humanitaria
G24.gal
05/11/2022 20:46
Última actualización 05/11/2022 21:13
En Galicia asociacións como AGA Ucraína non descansan. Acollen e orientan os refuxiados que continúan chegando e envían periodicamente alimentos, roupa de abrigo e produtos de hixiene. A próxima semana sairá desde A Coruña outro camión cargado de axuda humanitaria.
Para eles é imprescindible que a xente siga axudando nas campañas de recollida de alimentos ou con doazóns económicas. AGA Ucraína está colaborando na recadación de fondos para construír e equipar un hospital en Bucha.
Continuarán concentrándose cada sábado para esixir a paz en Ucraína.