Cargando resultados...
Carmen Touza: "O obxectivo é correr por un mundo máis inclusivo"
A Carreira ENKI bateu record de participación polas rúas da Coruña

G24.gal
15/10/2022 16:40
Última actualización 15/10/2022 17:20
Dez mil dorsais que se esgotaron nunhas horas. Así foi o éxito que acadou a carreira ENKI este sábado na Coruña. Nin a choiva foi quen de deslucir unha proba cuxo obxectivo foi visibilizar a diversidade. Así o asegura a secretaria de ENKI, Carmen Touza.
"Buscamos correr por un mundo imperfecto e, mira por onde, hoxe ata chove para facelo máis imperfecto. Que se vexa a visibilidade funcional e correr por un mundo máis inclusivo é o principal obxectivo desta carreira que chegará o ano que vén á súa décima edición"