Castro Caldelas conta cunha árbore do Nadal de tres metros elaborada a gancho polas xubiladas
Na Asociación de Xubilados colaboraron homes e mulleres para facer a estrutura da árbore e tecer a man cada cadrado con que a decoraron
Este días seguen traballando en novos elementos a gancho, están facendo sete ananos e recubrindo as letras de Feliz Nadal, ás que lles buscarán un lugar privilexiado na vila
Agora si que comeza a conta atrás para os días do Nadal. E na vila ourensá de Castro Caldelas este ano teñen unha nova atracción na súa decoración. Trátase dunha árbore duns tres metros de altura cuberta de tecidos de cores feitos a gancho polas mans das mulleres xubiladas da vila.
Coa árbore xa rematada, unha vintena de mulleres da asociación de xubilados de Castro Caldelas seguen xuntándose e tecendo a gancho novas decoracións. Todo está feito á man e con materiais de refugallo.