Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeiros mergullos nas piscinas públicas, que inauguran a temporada de verán

Primeiros mergullos nas piscinas públicas, que inauguran a temporada de verán

Na primeira xornada acudiron 408 bañistas ás piscinas do Sar, en Santiago, ás que acoden unha media é duns 35.000 cada verán. Retiraron a climatización da auga e a cuberta do teito, que se pode volver poñer se chove

G24.gal 04/06/2024 14:24

Xa é verán nas piscinas do Sar. Sen climatización na auga nin capota no ceo, toca gozar dos baños ao aire libre en Compostela.  

"A auga está moi ben ao sol, na sombra aínda colle algo o frío". "Onde non hai praia, temos que apostar pola piscina, non hai outra". "É un luxo, teñen que facer máis piscinas en Santiago, isto é saúde", din algunhas usuarias.

Saúde e moita tranquilidade, polo menos ata que chegue o balbordo dos nenos cando rematen os colexios. Será entón cando retiren todas as pistas de natación, abran o bar e a piscina de remollo.

"Estes días, antes das vacacións escolares, o perfil é máis de xente que vén nadar ou tomar o sol. A partir do día 24 os nenos son os reis", comenta Xosé Antón Antelo Lema, xerente do Multiúsos Fontes do Sar.

Intensificarase tamén o traballo dos socorristas, que recordan a importancia de non perder nunca de vista os pequenos, e de que os usuarios se absteñan de prácticas perigosas como os concursos de apneas.

"Tivemos algún caso xa, adolescentes que se meten a facer moitas apneas e logo perden as forzas e hai que intervir e sacalos. Tampouco permitimos que a xente se tire de cabeza para minimizar riscos de lesións graves", explica o socorrista Roi Penas.

Cada verán usan estas piscinas unhas 35.000 persoas de media, na estrea de onte xa foron 400. O tempo acompañou, pero se non o fixera aquí sempre poden poñer a cuberta para que a xente desfrute igualmente da auga aínda que chova.

"Se vén un día malo no verán podemos adaptarnos rapidamente e buscar maior confort para o usuario poñendo a cuberta", engade o Xerente do Multiúsos Fontes do Sar.

O día 22 preparan unha festa con actividades deportivas para dar a benvida oficial ao verán. Mentres os primeiros bañistas da tempada aproveitan para refrescarse e cargarse de vitamina D, xa que este aperitivo de sol non durará moito tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade