Cargando resultados...
Co aumento de casos de covid soben tamén as vendas de tests de antíxenos nas farmacias
Foron constantes durante todo o verán, pero sobre todo agora ao remataren as vacacións estivais
As probas demándanse cando xa hai síntomas ou ben cando se vai xuntar máis xente do normal
G24.gal
02/09/2023 17:03
Última actualización 02/09/2023 17:19
A suba de casos de covid vai acompañada dun aumento da demanda de tests de antíxenos.
Logo das vacacións é cando máis se demandan estas probas. Coincide coa volta á normalidade despois dunha época de xuntanzas e de máis mobilidade.
É unha mostra de que este virus non é estacional e que veu para quedar.