Coidados de atleta profesional para os cabalos do campionato internacional de saltos Casas Novas
Cada animal ten o seu propio veterinario e coidados específicos
Ao nivel de competición internacional como é Casas Novas, os coidados dos animais extrémanse ao máximo.
Así nolo conta o xinete estremeño Antonio Mariñas, que competirá co seu cabalo Expresso Minotiere, un exemplar francés de 9 anos, seis deles da man deste xinete residente en Bélxica.
"Antes dos concursos tes que asegurarte que o cabalo está a tope, facer análises de sangue, asegurarte de que todo está ben. E si, o transporte é importante. Hai que tentar non facer máis de 10 horas seguidas no camión, parar en cortes, camiñar cos cabalos moito, que se movan, que coman herba, forraxe e penso, e que beban e se hidraten ben".
Unha vez nas instalacións do concurso e previamente á competición os animais son sometidos a controis veterinarios.
Tras as probas hípicas, os coidados continúan.
"Normalmente cada un ten o seu propio veterinario, que está pendente de que todo estea ben. En definitiva, o coidado é moi parecido ao de calquera atleta. Así como poñen os futbolistas xeo nos pés ou van a un spa, ao final cos animais é o mesmo porque son atletas profesionais".
Antonio di que ten postas moitas esperanzas en Expresso Minoterie, do que este experimentado xinete asegura que é o seu mellor cabalo.