Como van os propósitos de ano novo no ecuador de xaneiro?
Para que os propósitos non caduquen e lograr os obxectivos marcados, a constancia é o segredo para convertelo en hábito

Pasado o ecuador de xaneiro saímos á rúa para saber se os propósitos de ano novo seguen vixentes, caducaron ou se aprazaron.
Comprobamos que os ximnasios están cheos e que aínda é época de altas novas como relata Belén Conde, a recepcionista dun ximnasio.
Para que os propósitos non caduquen e lograr os obxectivos marcados, a constancia é o segredo para convertelo en hábito como comenta Ricardo de Angelis do ximnasio Ready Go Gym.
No caso do deporte, para os que precisan un empurrón extra de motivación, a opción dun adestrador persoal é a mellor garantía de éxito como asegura Ricardo de Angelis, do ximnasio Ready Go Gym
E hai quen asegura ter outros propósitos menos ambiciosos ou non confesables.