Cargando resultados...
Conta atrás para o comezo das actividades e a iluminación do Nadal vigués
O alcalde prendeu o calendario que dá conta dos días que faltan para o 19-N
G24.gal
22/10/2022 14:21
Última actualización 22/10/2022 15:28
O alcalde de Vigo prendeu este mediodía o calendario de advento que marca os días que faltan para o prendido das luces do nadal de Vigo, o vindeiro sábado 19 de novembro.
O calendario está situado no farol de Urzáiz, ás portas da rúa do Príncipe. Este ano serán xa doce millóns de luces LED as que iluminen Vigo. A árbore xigante cambia de localización, haberá unha montaña rusa e novos photocalls por toda a cidade.