Continúan as restricións de auga en Betanzos porque as analíticas seguen dando positivo en noravirus
Continúan as restricións de auga en Betanzos porque as analíticas seguen dando positivo en noravirus
O que máis incomoda os veciños é descoñecer o porqué da presenza do virus na auga
Seguen as restricións no uso da auga en Betanzos polo menos dúas semanas máis. As analíticas seguen dando positivo en presenza de norovirus, o responsable do gromo de gastroenterite que afectou máis de 400 persoas.
O Concello e Viaqua seguirán dispensando auga á poboación en cisternas, mentres continúan realizando labores de desinfección e buscando a orixe do vertido que provocou o gromo.
Para os veciños de Betanzos ir por auga ás cisternas que dispuxeron o concello e Viaqua xa se converteu nun habito diario. Levan desde o 28 de maio sen poder consumir a auga da traída, desde que se detectara a presenza de noravirus que provocou un gromo de gastroenterite.
As restricións prolónganse dúas semanas máis porque as analíticas seguen dando positivo. Unha nova que os betanceiros recibiron con resignación, a pesar dos inconvenientes que supón.
Pero a situación afecta sobre todo ao sector da hostalería. Para recuperar a confianza dos clientes, os hostaleiros envíanlles unha mensaxe de tranquilidade.
Ata agora leváronse a cabo labores de desinfección e hipercloración da auga. Á vista dos resultados das analíticas, as autoridades acordaron novas medidas á vez que se segue investigando a orixe da vertedura como relata a alcaldesa en funcións, María Barral.