Cargando resultados...
Cubriranse catro prazas fixas de pediatría en Verín
Anunciouno o Conselleiro de Sanidade despois dunha xuntanza coa plataforma pola pediatría

G24.gal
12/02/2024 13:44
Catro novos pediatras sumaranse ao cadro de persoal sanitario da comarca de Verín. Anunciouno o conselleiro de Sanidade despois dunha xuntanza coa plataforma pola pediatría. Os profesionais cubrirán por concurso dúas prazas fixas no hospital e outras dúas no centro de saúde de Verín. En total, no mes de marzo tomarán posesión 60 pediatras en atención primaria e 12 nos hospitais comarcais galegos.