Cantos quilómetros do Camiño hai que andar para merecer unha Compostela? Hai debate
Hai asociacións que queren que se amplíe a 300 km para obter o certificado
Miguel é presidente de Camino Francés Federación, un grupo de asociacións de amigos do Camiño de Santiago Francés que queren ampliar a 300 quilómetros o mínimo de percorrido para que se obteña a Compostela.
Pero non todas as asociacións relacionadas co Camiño concordan con esta medida, como nos conta a secretaria da Asociación de Amigos do Camiño da provincia de Lugo, onde cren que con percorrer cen quilómetros abonda para conseguir o documento.
Na federación que preside Miguel tamén insisten en que o peregrino de longo percorrido é o que máis hai que coidar, por exemplo, reservándolle prazas nos albergues públicos ou ben evitando que espere as longas filas que hai, ás veces, para obter a Compostela.
Segundo Miguel, a preocupación que os move nas súas reivindicacións é conservar o espírito do Camiño, un Ben de Interese Cultural, Primeiro Itinerario Europeo e Patrimonio da Humanidade.