Cargando resultados...
Desaconsellan o baño nas zonas centrais da praia de Samil
As análises detectaron nas augas un alto contido de contaminación microbiolóxica

G24.gal
11/09/2022 09:29
Última actualización 11/09/2022 09:38
O areal de Samil pasa estes días por un episodio de contaminación microbiolóxica. O Concello colocou varios carteis que desaconsellan o baño nos treitos centrais do areal. Non está prohibido pero non é recomendable entrar nas augas nesas zonas.
As probas que realizaron técnicos do SERGAS a semana pasada detectaron na auga un alto contido en Escherichia coli e Esterococo intestinal.
Aínda así moitos bañistas facían pouco caso das indicacións de contaminación microbiolóxica esta fin de semana.
Non é a primeira vez que sucede este ano, non en Samil pero si nos areais de Foz e A Calzoa, onde se prohibiu o baño a finais de maio pola parada dunha depuradora.
