Cargando resultados...
Detectado en Italia o primeiro caso de coinfección de varíola do mono, covid e VIH
O paciente é un home de 36 anos que estivo en España recentemente

G24.gal
26/08/2022 19:45
En Italia detectan o primeiro caso de coinfección de varíola do mono, VIH e covid. Trátase dun home de 36 anos que estivo en España, onde mantivo relacións sen protección.
Empezou a sentirse a mal nove días despois. Primeiro diagnosticáronlle covid, tres días despois a varíola e tamén o VIH. As análises determinaron que a infección de VIH era bastante recente.
Os médicos destacan que os síntomas da covid e da varíola poden superpoñerse e tamén que non hai probas de que a coinfección dos tres virus empeore o estado de saúde do paciente.