Cargando resultados...
Detido polo asasinato da súa exparella e do seu bebé en Cantabria
O home tiña unha orde de afastamento da súa exparella
40 mulleres morreron asasinadas este ano por violencia machista

G24.gal
17/12/2021 19:26
Un home de 43 anos está detido polo presunto asasinato do súa exparella, de 40 anos, e do seu bebé de once meses na localidade cántabra de Liaño de Villaexcusa.
A Garda Civil encontrou os cadáveres na vivenda despois de que os familiares da finada denunciaran hoxe mesmo a súa desaparición.
Os axentes deteron o presunto asasino ao mediodía ao sospeitar que podería ter quebrantado a orde de afastamento que estaba eb vigor para protexer a muller.
A investigación está en mans da Policía Xudicial da Garda Civil.
40 mulleres foron asasinadas no que vai de ano en toda España, 41 de confirmarse este caso.