Cargando resultados...
Detido un home en Riotorto por agredir cun machado o fillastro
A vítima tiña cortes en diversas partes do seu corpo
A súa nai tamén presentou denncia por violencia machista

G24.gal
03/03/2022 12:29
Deteñen en Riotorto un veciño da localidade luguesa por agredir o fillastro cunha machada. O mozo presentaba varias feridas defensivas e tivo que ser trasladado en ambulancia ao PAC para recibir atención médica por cortes en diversas partes do corpo.
A Garda Civil detivo o presunto agresor, que xa pasou a disposición xudicial acusado dun delito de violencia no ámbito familiar. A nai tamén denunciou que o sospeitoso a empurrou. Ambos, nai e fillo, presentaron denuncia polos feitos.