Publicador de contidos

Publicador de contidos

Día do Avó: amor, coidados e conciliación

Día do Avó: amor, coidados e conciliación

G24.gal 26/07/2022 19:08

Teñen o cabelo de prata e o corazón de ouro. É falarlles dos netos e aos avós cámbialles a cara... Un de cada catro coida a diario dos netos, sen eles a conciliación sería case imposible. Outros só están nas vacacións. Pero todos gozan compartindo tempo e experiencias cos pequenos.

Por ese amor e esa entrega hoxe toca renderlles homenaxe. A oenegué Mensaxeiros da Paz escolleu Galicia para facelo concedendo os premios aos avós de ouro. O padre Ángel, presidente de Mensaxeiros da Paz, fala dos avós como "a revolución da tenrura!".

Así que parabéns para os avós, e tamén para os netos que os teñen cerca, hoxe e durante o resto do ano.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade