Cargando resultados...
Día Mundial do Pistacho, unha xoia para incluír na alimentación diaria
Os seus beneficios son numerosos, pero os expertos recomendan comelo en cantidades moderadas, en cru e sen sal
G24.gal
26/02/2024 21:22
Última actualización 26/02/2024 21:34
O 26 de febreiro é o Día Mundial do Pistacho, unha boa ocasión para lembrar os seus múltiples beneficios nutricionais e para comprobar, a través de distintos pratos, a súa versatilidade culinaria.
Orixinario da Asia occidental, usábase xa hai 9.000 anos. En España cómense pistachos dende o tempo dos romanos.
Hoxe espalla a súa cor e o seu sabor por múltiples elaboracións, aínda que o consello dos nutricionistas é tomalo en cru e sen sal, en cantidades moderadas e como parte dunha dieta equilibrada.