Cargando resultados...
Dous anos sen carné e unha multa de 300 euros para o culpable do atropelo mortal de Vilaboa
Os feitos remóntanse ao 17 de febreiro, cando o condutor perdeu o control do vehículo e bateu contra a terraza dun bar

G24.gal
01/12/2023 12:27
Dous anos sen carné e unha multa de 300 euros é a condena imposta ao responsable do atropelo mortal nunha terraza de Vilaboa, ocorrido o 17 de marzo. Así o dita o xulgado de Cangas, que impón esta sentenza ao consideralo autor dun delito leve de homicidio por imprudencia.
O home trataba de aparcar o coche, pero perdeu o control do vehículo e bateu contra a terraza do bar levando por diante a mesa en que xogaban a partida catro veciños.
Dous dos homes que estaban alí faleceron, mentres que outros dous só quedaron feridos.