Contido con Temática Sucesos .

Contido con Temática Sucesos .

Sucesos

O atropelo dun cabalo por parte dun camión dificultou a circulación por Alfonso Molina na Coruña

03/02/2025 12:01

O suceso produciuse á altura de Palavea, e as ringleiras para saír da cidade chegan ata o Carrefour


Investigan o ataque con gas pementa a tres persoas en Ferrol

29/01/2025 14:47

As vítimas denunciaron que unha muller regounos cando estaban de festa na rúa Magdalena

Foron tres ataques illados e todo apunta a que as vítimas foron elixidas ao azar

Etiquetas:  ATAQUE

Rouban combustible nun dos xeradores instalados para dar electricidad a veciños de Meira

29/01/2025 14:33

 Os veciños que sufriron o apagamento polos efectos do temporal volveron quedar sen luz

A causa parece ser o roubo de combustible nun dos xeradores que instalou a compañía eléctrica para dar servizo

Etiquetas:  ROUBOS

Veciños do centro de Ourense protestan contra a reapertura dunha discoteca

29/01/2025 13:18

A discoteca pechárona en 2019 tras unhas presuntas obras sen licenza

Segundo denuncian os veciños, o Concello de Ourense non tramitou en catro anos o expediente de caducidade de licenza o que podería permitir que abrira coa normativa de 1982



Xabier Ron durante unha conferencia de prensa en 2016 (Arquivo/Europa Press)

Deteñen o exdeputado de AGE Xabier Ron e rexistran o seu material informático

29/01/2025 12:10

Entre os rexistros realizados están as dependencias do instituto de Pontedeume onde o arrestado dispensa clase


O sospeitoso roubando nun dos vehículos

Detido por máis de trinta roubos nas comarcas de Melide, Arzúa, Ulloa, Deza e Ordes

29/01/2025 10:32

Atribúenselle os roubos cometidos o pasado outubro nos municipios de Boimorto, Arzúa, Curtis, O Pino, Frades, Oroso, Palas de Rei, Vila de Cruces, Lalín e Melide

Impútanselle ao sospeitoso un total de 37 delitos contra o patrimonio e a seguridade vial

Rompía todas as xanelas dos vehículos se non atopaba o botín desexado no seu interior

Categorías:  Galicia   Sucesos
Etiquetas:  ROUBOS   GARDA CIVIL

Aconsellan notificar os danos do temporal ás compañías aseguradoras canto antes

28/01/2025 21:23

É importante reunir cantas probas documentais se poida: fotos, videos, partes meteorolóxicos,facturas das reparacións....

Etiquetas:  TEMPORAL

Un coche sen ocupantes cae ao mar no porto de Ferrol

28/01/2025 21:13

Crese que non tiña posto o freo de man e que o arrastraron os refachos de vento

Etiquetas:  ACCIDENTE

Catro feridos ao incendiarse un avión nun aeroporto de Corea do Sur

28/01/2025 20:19

A aeronave comezou a arder antes de engalar

Categorías:  Sociedade   Mundo   Sucesos
Etiquetas:  COREA DO SUR

Confirman a sentenza de 35 anos de cárcere para o violador de Igualada

28/01/2025 18:10

 O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña descarta que estivese baixo os efectos do alcol e que teña alteracións psiquiátricas

Categorías:  España   Sucesos
Etiquetas:  AGRESIÓN SEXUAL

Cámara web situada no Parador de Muxía, con vistas da praia de Lourido, da localidade de Muxía, do Santuario da Virxe da Barca e do Faro do Cabo Vilán en Camariñas

A Xunta suspende as clases e pecha as escolas infantís na Mariña polo temporal

28/01/2025 17:21

Aviso laranxa en todo o litoral galego e vento intenso con refachos de máis de 100 km por hora

A borrasca Ivo obriga a suprimir os primeiros trens Ferrol-A Coruña

Etiquetas:  TEMPORAL

Europa Press

Triplica a taxa de alcol o chofer dun bus que levaba un equipo de fútbol sala con menores

28/01/2025 14:59

Tras sometelo á proba co etilómetro, lanzou un resultado de 0,53 miligramos de alcol por litro de aire expirado, cando a taxa máxima permitida para estes condutores é de 0,15


O roubo do portón da cementeira antiga de Narón deixa ao descuberto un vertedoiro

28/01/2025 14:58

Hai colchóns, moreas de restos de obras e material contaminante como pintura e uralita

A cementeira pechou no ano 2011, vítima da crise do ladrillo

Etiquetas:  ROUBOS   LIXO

Todo o litoral galego pasa a estar en aviso laranxa por temporal costeiro

28/01/2025 14:32

Situación moi complicada no mar, chuvia e fortes refachos de vento

Este mércores chega Ivo, unha nova borrasca que traerá avisos a toda Galicia

Etiquetas:  TEMPORAL

Unhas obras inacabadas xeran humidades e danos en varios edificios de Lugo

28/01/2025 14:23

Urxen o Concello de Lugo á execución subsidiaria das obras necesarias


O poste en risco de caer está no Camiño de Santiago ao paso por Chantada, no concello coruñés de Paderne

Denuncian inacción de Telefónica ante un poste perigoso para viandantes en Paderne

28/01/2025 14:09

O poste está no lugar de Chantada, no Camiño Inglés a Santiago, e é unha vía concorrida pola veciñanza

O alcalde denuncia que a empresa responsable desoe as reclamacións e pídelle que actúe xa


Sito Miñanco entrando no Xuzgado de Instrución (Europa Press/Jesús Fernández)

Sito Miñanco négase a declarar e o tribunal suspende o xuízo sen unha data fixa

28/01/2025 13:37

O tribunal suspende o xuízo ante a incapacidade de que un dos 45 acusados compareza por problemas de saúde

A Fiscalía pide 31 anos e seis meses de prisión para Sito Miñanco por intentar introducir en España casi catro toneladas de cocaína procedente de América do Sur

O presidente da Sala, Félix Guevara, advirte que a suspensión indefenida deixa aberta a posibilidade de que o proceso comece de novo


A auga chegoulles por enriba dos xeonllos na aldea de Cambelas

Herminia deixou numerosos estragos en Padrón polo desbordamento do río Sar

28/01/2025 13:32

Nalgunhas vivendas a auga alcanzou uns 50 centímetros de altura e causou cuantiosos estragos


O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, nunha foto de arquivo (Europapress)

Santalices cancela a súa axenda por unha rotura de fibras tras caer

28/01/2025 13:12

O estado de saúde de Santalices é “bo”, pero os servizos médicos recomendáronlle “repouso”, polo que cancelou a súa axenda durante uns días


Morre a muller do veterinario falecido o sábado en Xermade nun accidente tras unha sarabiada

28/01/2025 12:56

A muller estaba ingresada na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) en estado moi grave e, segundo informaron a Europa Press, faleceu ás 11:00 horas deste martes


Explotación agrícola ao oeste de Lugo (Garda Civil)

Investigan tres persoas por contratar xornaleiros en situación irregular en Lugo

28/01/2025 10:07

Os responsables da explotación agrícola están acusados de delitos contra os traballadores

A alerta saltou ante a chegada de numerosas persoas a un hotel de Ordes que carecía de licenza de hostalería


Un accidente múltiple obriga a cortar a Autoestrada do Atlántico á altura de Oroso

27/01/2025 21:27

No sinistro, que deixou un ferido leve, víronse implicados seis coches

O suceso provocou retencións na AP-9


Herminia pon en prealerta as concas do Xallas, Miño e Umia por perigo de desbordamento

27/01/2025 21:19

O vento provocou a maior parte das 1.600 incidencias causadas pola borrasca Herminia

O temporal deixou tamén ondas de case 11 metros, 1.000 raios e refachos de vento de case 150 quilómetros por hora

Continúa interrompida a circulación na liña ferroviaria Ferrol-Ribadeo-Oviedo; para o tramo de Ferrol-A Coruña estableceuse un plan alternativo de transporte por estrada

4.000 vivendas permanecen sen subministración eléctrica a última hora do luns

Etiquetas:  TEMPORAL

Axentes da Garda Civil e Europol durante a operación

Interveñen 35 millóns na desarticulación dunha rede de branqueo con 20 detidos en España

27/01/2025 17:06

Máis de 8 millóns de euros foron en efectivo, mentres que os outros 27 estaban en criptomoedas

Cae así unha organización que colaboraba con outros delincuentes, principalmente dedicados á falsificación de produtos importados da China


Deteñen un home acusado de acoitelar un cliente nun local de ocio de Lugo

27/01/2025 16:37

Foi a vítima a que acudiu denunciar os feitos despois de pasar días no hospital

Os veciños din que son habituais os altercados ás portas deste establecemento situado na rolda da Muralla


Unha estradense pide protección porque a súa exparella contratou un sicario na "darkweb" para matala

27/01/2025 16:10

Ana García, ao ser advertida de que alguén pagara pola súa vida: "quedas en shock, e pensas que é unha cámara oculta ou unha película de ciencia ficción"

A súa exparella fora detida e posta en liberdade con cargos

Un recurso na Audiencia Provincial de Pontevedra reabre agora o caso e a Universidade de Santiago intentará desencriptar o ordenador e o móbil do sospeitoso


Dúas persoas feridas ao derrubarse unha cheminea sobre o teito da cociña en Lalín

27/01/2025 14:55

O vento derrubou a cheminea e os cascotes golpearon ás dúas persoas que estaban na cociña

Os obreiros xa parchearon o tellado para evitar que siga chovendo dentro


Aprazado ata marzo o xuízo contra un home acusado de queimar unha vivenda en Paderne co seu fillo no interior

27/01/2025 13:03

A Fiscalía pide para o acusado 13 anos de cadea e a acusación particular, 20 anos

A defensa solicita a libre absolución polo delito de incendio


Auxilian en Cádiz unha muller e as súas fillas que vivían entre excrementos

27/01/2025 09:57

A muller foi trasladada ata o Hospital de Puerto Real para a súa valoración e correcto tratamento

Os servizos sociais municipais facíanse cargo do amparo das dúas fillas


Falece un home de 51 anos nun accidente de tráfico en Amoeiro

27/01/2025 09:32

O falecido e único ocupante non levaba posto o cinto de seguridade

Os servizos médicos que acudiron ao lugar do sinistro só puideron certificar a súa defunción


Imaxe da droga incautada en panama. Foto publicada en X por @PGN_PANAMA

Panamá incáutase de máis de media tonelada de droga nun contedor con destino a España

26/01/2025 19:45

Os narcos utilizan a miúdo Panamá como ponte da droga que se produce en Suramérica e que ten como destino principal os Estados Unidos e tamén Europa

A Procuradoría Xeral de Panamá publicou a información do alixo e a foto na rede social X

Categorías:  Sociedade   Mundo   Sucesos
Etiquetas:  INCAUTACIÓN   DROGAS

Persoal da Garda Civil, Aduanas e porto de Vigo controlan os contedores

Aduanas comisou 1.400 quilos de droga en colectores no porto de Vigo no 2024

26/01/2025 14:08

Os especialistas din que "é como buscar unha agulla nun palleiro"


Zona afectada pola fuga de gas tras o impacto dun vehiculo, en Redondela

Desaloxadas 24 vivendas en Redondela tras bater un coche contra unha condución de gas

26/01/2025 11:42

Dúas horas despois e tras ventilaren, os veciños puideron volver ás súas vivendas

O accidente ocorreu contra as sete e vinte da mañá deste domingo


Restablecido o tráfico ferroviario entre Vigo-Guixar e Porto tras o incendio nun túnel

25/01/2025 20:30

O incendio afectoulle ao teito e ás paredes do túnel e quedou extinguido na noite do sábado

Segundo informou Adif, o incendio tamén afectou o tren de MD 12477 Ourense - Vigo Guixar

Un tren atropela dous xabarís e detén a circulación entre Lugo e Ourense na tarde do sábado


Os bombeiros evitan que se estenda o incendio nunha vivenda da Agra do Orzán

25/01/2025 18:49

As catro persoas que estaban dentro do piso puideron saír polo seu propio pé

O lume comezou nun aparato calefactor e calcinou toda a habitación e mesmo saíu cara ao exterior


Un dos vehículos implicados no accidente de Xermade, Lugo

Un morto e catro feridos nun accidente de tráfico en Xermade

25/01/2025 17:15

A vítima é un home de 55 anos de Lugo, que conducía un Fiat Seicento, no que viaxaban outros tres pasaxeiros que quedaron feridos de gravidade.

O outro coche implicado no accidente é un Audi no que só ía o conductor, que tamén quedou ferido

No momento do accidente, contra as tres da tarde, estaba caendo unha forte sarabia


Recuperan máis de 100 restos de mamuts espoliados dun xacemento de Granada

25/01/2025 12:33

A Garda Civil detivo tres persoas acusadas de danos, encubrimento e apropiación indebida de material de interese científico-cultural


Detido no aeroporto de Málaga un fuxitivo buscado por atentado terrorista

25/01/2025 12:26

O detido parece estar implicado na morte de dous seareiros nun partido en Belxica en 2023

Supostamente facilitoulle a arma ao terrorista que tiroteou as vítimas 

As autoridades belgas reclámano por atentado terrorista, homicidio e lesións graves


O GPS volve atrapar un camión estranxeiro nunha zona sen saída, esta vez en Corrubedo

25/01/2025 11:23

O tráiler de matrícula checa e conducido por un home ucraíno quedou atrapado na zona rochosa do Corgo

Este sábado pola mañá deu saído coa axuda dun tractor cun guindastre

Etiquetas:  GPS
Publicidade
Publicidade