Cargando resultados...
En marcha as obras para tratar as augas afectadas pola antiga mina de Touro
Vanse construír dúas plantas de tratamento
G24.gal
10/03/2022 15:34
A empresa Cobres San Rafael comezou coas obras para tratar as augas afectadas pola antiga mina de Touro, unha herdanza das antigas explotacións mineiras da zona que xeraba problemas de contaminación.
Cobres San Rafael vai construír dúas plantas de tratamento e varias canalizacións para evitar que as augas que estiveron en contacto con minerais luxen a contorna. O proxecto é un dos máis ambiciosos de España nese eido, e conta cun orzamento de case 2 millóns de euros.
Na empresa agardan que contribúan a darlle viabilidade a futuros proxectos mineiros.