Cargando resultados...
Entramos na clausura dos carmelitas contemplativos no compostelán mosteiro do Carme
Despois de case tres séculos, as carmelitas descalzas marcharon de alí ante a ausencia de vocacións
Déronlle a remuda a sete monxes que proveñen de Colombia
G24.gal
25/05/2024 15:30
As carmelitas descalzas levaban dende o século XVIII habitando o convento do Carme, en Santiago, e o marzo pasado tiveron que marchar por falta de monxas. Agora viven alí sete monxes, pertencentes á orde dos Carmelitas Contemplativos. Puidemos entrar na súa clausura e achegarnos á súa vida cotiá.