Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escollen a porta mellor decorada do Nadal

Escollen a porta mellor decorada do Nadal

34 veciños de Ponte Caldelas participan na primeira edición deste concurso

G24.gal 02/01/2023 20:54 Última actualización 02/01/2023 21:12

Este luns déronse a coñecer os gañadores do primeiro concurso de decoración de Nadal nas portas das vivendas de Ponte Caldelas. Houbo 34 participantes nesta primeira edición, e os propios veciños foron os encargados de votar a través das redes sociais.

Hainas con flores, estrelas, grilandas, papá noeis... As casas locen estes días a súa mellor cara. Non foi doado para os veciños escoller, pero finalmente o primeiro premio recibiuno unha vivenda de Caritel.

Detrás da decoración de cada unha das 34 portas, hai moita ilusión e tamén traballo en equipo. Na casa gañadora, por exemplo, a familia dedicou moitas horas en recrear unha verdadeira entrada ao Nadal. Din que o recoñecemento do premio é importante pero sobre todo o que gozaron en familia preparándoo todo. 

"Fixémolo un pouco polo espírito de Nadal e por gozar cos nenos. Foron moitas horas recollendo polas, facendo a estrutura, foi un traballo laborioso, pero, sobre todo, gozamos", apunta Pablo Durán Veloso, propietario da casa premiada.

O segundo premio quedou nunha casa de Paradela. Un portal realizado con moito agarimo tamén polos cativos da casa.

"Comezamos polo quebranoces, que nos levou unha semana, e despois puxemos as letras e os rapaces foron achegando un Papá Noel e outras ideas, e quedou así", explica María Malleiro Regadas, despois de recibir o segundo premio á mellor porta decorada.

É a primeira vez que Ponte Caldelas celebra este concurso, no que todos os veciños gañan ao poder gozar da decoración de todos os participantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos