Un bar do barrio coruñés dos Mallos esgota 750 décimos de lotaría do Nadal en 65 minutos
Un cuarto de hora despois esgotaron as 50 participacións que tiñan
Disfrazáronse para a ocasión e tivo efecto
Con alegría e ilusión comezaban ás dez da mañá a vender a lotaría do Nadal no bar Chaflán, moi popular na cidade da Coruña.
"Hai moita demanda e tivemos que poñer un día para vendela", explica Rafa Varela, o propietario do bar.
Ninguén quería quedar sen ela. E por iso, desde primeira hora, se formaron ringleiras.
"Eu pensei que ía ser chegar e encher... e hai que agardar...". "Isto non se ve noutros bares...".
Dona Chaflanita é a encargada das vendas.
"Era unha boa idea convocar a todos os clientes para que a colleran, pero creo que fixen mal porque vai quedar moita xente sen ela", di Rafa.
"Levamos 65 minutos vendendo e só nos queda un décimo. Ben, quedaba un, e durou un suspiro".
Pero aínda quedaban 50 participacións de 5 euros cada unha delas. Tamén as esgotaron nun cuarto de hora.