Publicador de contidos

Publicador de contidos

Especial da lotaría de Nadal 2024 este domingo na TVG e na G24

Especial da lotaría de Nadal 2024 este domingo na TVG e na G24

Pendentes dos bombos no Teatro Real de Madrid e con sete equipos de directo repartidos pola xeografía galega

Almudena Rodríguez de Urzáiz e Sevi Martínez conducen desde primeira hora do domingo un especial na TVG para achegarnos o minuto a minuto do sorteo máis agardado do ano

G24.gal 21/12/2024 12:53 Última actualización 21/12/2024 14:39

Este domingo celébrase o sorteo máis agardado do ano, o de Nadal, que poderán seguir tanto na Televisión de Galicia como na web desta casa, a G24, desde primeira hora da mañá nun especial desde antes do seu comezo.

Un programa na TVG que desde o plató de San Marcos fará un seguimento minuto a minuto da xornada. Pendentes en todo momento do que suceda no Teatro Real de Madrid e con sete equipos de directo repartidos por toda Galicia para contarlles os premios e as anécdotas que nos vai deixando o día.

Para achegarlles sobre todo a imaxe das celebracións das administracións de Lotarías que participaran no reparto dos premios, que agardamos sorrían este 2024 a Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade