Universitarios de Ourense compiten en Europa cun dron para transportar sangue
Vanse medir con proxectos doutras 30 universidades europeas
Non desbotan comercializar a aeronave logo do campionato europeo universitario
Transportar sangue para doazón no menor tempo posible é a idea coa que nace este modelo de dron que vai competir o vindeiro ano en Alemaña, no campionato europeo universitario da modalidade.
O avión pesa menos de catro quilos e pode transportar ata litro e medio de sangue a unha velocidade máxima de 90 quilómetros por hora.
Os seus deseñadores pensan darlle un uso comercial ao rematar o campionato e por eso tamén participan no equipo estudantes de dereito e de administración de empresas. Eles mesmos recadaron os máis de 15.000 euros que custan só os materiais de construción da aeronave.
Estes mozos emprendedores xa teñen en mente outra iniciativa: construir un avión non tripulado que funcione con placas de enerxía solar. Teñen moi claras as claves do éxito: ambición e competitividade.