Publicador de contidos

Publicador de contidos

Éxito da nova feira de arte contemporánea de Vigo, VARCO

Éxito da nova feira de arte contemporánea de Vigo, VARCO

Participaron 31 artistas entre noveis e novos valores

Como país convidado estivo Portugal

Entre os participantes hai artistas recoñecidos, como Antón Sobral

G24.gal 15/12/2024 14:38

Vigo clausura este serán a feira VARCO, a primeira edición dunha nova feira de arte contemporánea con gran futuro e proxección.

A filosofía da feira é a interlocución directa do artista co visistante. Algo que nos permite entender a obra desde a visión do creador e a eles coñecer aos seus seguidores

Comisariada pola escultora Eva López Tarrio a mostra conta con trinta e un artistas, todos galegos menos un convidado portugués.

Entre os expositores hai clásicos como Antón Sobral, e novos valores como Ainoa Simons, titulada en Belas Artes por Pontevedra.

Autores moi consolidados na Galicia Sur como Diana Cordero e as súas paisaxes do Vigo industrial con estaleiros e guindastres. Ou o redondelán Marcos Míguez Pughinger, famoso polos seus cadros a bolígrafo pero que trouxo a VARCO obras máis clásicas do ámbito portuario como embarcacións ou o icónico rótulo do Clúb Náutico de Vigo.

Canda eles Rosa García, premio nacional de gravado ou as obras cinéticas de Iria Blanco completan esta feira onde tamén houbo obradoiros e concertos.

A feira, todo un éxito de público nace con vocación de continuidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade