Cargando resultados...
Extraído o 80 % do gasóleo das bodegas do buque varado na baía de Alxeciras

G24.gal
02/09/2022 14:38
Toda a noite estiveron extraendo por bombeo o cru almacenado nas bodegas do buque que quedou semiafundido na baía de Alxeciras tras bater con outro barco este mércores.
Os últimos datos dispoñibles son das 7 desta mañá, cando as autoridades xibraltareñas anunciaron que xa sacaran do barco o 80 % do combustible.
Unha parte do gasóleo verte ao mar e traspasou as barreiras anticontaminación que se instalaran. O capitán do OS35 foi detido por desobedecer as instrucións das autoridades portuarias e intentar seguir o seu camiño.