Cargando resultados...
Rosa Martínez Rivada, que fora directora da Radio Galega, faleceu en Santiago
Asumiu varios cargos na Corporación de Radio-Televisión de Galicia ata a súa xubilación en 2017

G24.gal
12/11/2023 21:51
Última actualización 12/11/2023 22:16
Rosa Martinez Rivada (Vigo, 1947), que faleceu este sábado en Santiago, foi unha xornalista cunha dilatada traxectoria profesional.
Ademais de desenvolver varias responsabilidades na Corporación de Radio-Televisión de Galicia, foi redactora na Axencia Galega de Noticias e na emisora Radio Noroeste, en Vigo.
Nesa cidade puxo en marcha a delegación da Radio Galega. En 1995 asumiu o posto de redactora xefa nos informativos e desempeñou diferentes cargos que a levaron á dirección da emisora publica desde 2009 ata 2017, o mesmo ano en que se xubilou.