Feijoo recibe o mellor profesor universitario de España
O galego Alexandre Sotelino é profesor de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago
O galardón concédeo un comité de expertos, previa votación dos alumnos da lista de profesores finalistas

O profesor de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago, Alexandre Sotelino, foi recibido este mediodía polo presidente da Xunta.
Na audiencia en San Caetano participou tamén o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.
Este profesor ourensán acaba de ser recoñecido nos premios Educa Abanca como mellor docente universitario de España.
O galardón concédeo un comité de expertos, previa votación dos alumnos da lista de profesores finalistas.
No encontro, o presidente e o conselleiro felicitárono e interesáronse polas súas ideas para renovar o ensino superior.