Feira itinerante de Artesanía Alimentaria en Lugo
Un selo que garante materias primas, procesos e calidades
Esta fin de semana Lugo acolle un mercado de artesanía alimentaria itinerante no que 25 pequenos produtores ofrecen elaboracións artesanais baixo un selo que garante a procedencia do agro galego e a máxima calidade no proceso.
Parece friame pero non, é un trampantollo elaborado por unha pequena pastelería artesanal que aproveita esta feira itinerante para dar a coñecer os seus produtos. A carón deste posto hai outro no que rescataron unha receita de galletas antiga.
Ademais de tortas e chocolate tamén hai sidra artesanal, queixos elaborados de xeito tradixional ou marmeladas exóticas.
Todos estes emprendedores producen baixo o selo de artesanía alimentaria. Tamén ofrecen viño, crema de castañas ou froita deshidratada.
O selo Artesanía Alimentaria acolle dende hai dous anos tradición e innovación sempre que se cumpran determinadas esixencias de calidade e elaboración.