Publicador de contidos

Publicador de contidos

Florerías que coidan as flores e plantas durante as vacacións de Nadal dos seus donos

Florerías que coidan as flores e plantas durante as vacacións de Nadal dos seus donos

Os prezos varían en función do tamaño da maceta e o tempo que dure a estancia

Ocúpanse principalmente de que non lles falte auga, pero tamén teñen en conta outros factores como a luz ou a ubicación que precisa cada planta

G24.gal 18/12/2024 20:23

Na súa florería do Orzán, na Coruña, Lucas vende flores e plantas. E desde hai máis dun ano a súa clientela tamén pode levar as súas macetas e deixalas no local onde as gardan e conservan ata que queiran recollelas.

"Temos servizo de gardería por exemplo para xente que está de mudanza ou cando marchan de vacacións", explica Lucas Villar, dono da florería A Chorima.

Os prezos varían en función do tamaño da maceta e o tempo que dure a estancia. Ocúpanse principalmente de que non lles falte auga, pero tamén teñen en conta outros factores como a luz ou a localización que precisa cada planta.

"Contamos cun invernadoiro e dependendo das necesidades da planta pode ir para interior, un semiexterior ou un exterior completo", matiza Lucas. 

Amais do servizo de gardería, Lucas disposición de servizos de transplantado e mesmo de coidados específicos que implican a realización de diagnósticos ou a aplicación de tratamentos fitosanitarios.

"Neste caso nos coidados do hospital temos cría de orquídea que a clienta trouxo porque tiña medo de que non sobreviviran e que non as souberan tratar ou non tivera recursos para facelo. Tamén hai unha drácena que tivo unha praga dun becho que se chama trip que é bastante agresivo e que nola deixou para que darlle durante un par de semanas un tratamento adecuado", conta.

A florería convértese así nunha alternativa profesional para coidar flores e plantas tamén cando se está ausente da casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos