Fregueses coruñeses fan un belén exclusivamente de papel cheo de detalles
Pode visitarse na igrexa de Santo Tomás Apóstolo, no barrio de Monte Alto
Os seus artífices son pequenos e maiores da parroquia de Santo Tomás Apóstolo, do barrio coruñés de Monte Alto. Todos eles traballaron arreo e con moita ilusión man a man e para elaborar o seu nacemento empregaron só papel.
Pero é que amais ten outra particularidade: o misterio está colocado no centro e isto ten un porque. O párroco explica que é porque Cristo é o centro da vida dun cristián e por iso puxeron o pesebre e ao Neno Xesús no centro do escenario.
O camiño, tamén adrede, puxérono recto. Di o sacerdote que así convida a camiñar ao encontro de Cristo, a adorar o Neno.
Aseguran estar orgullosos e satisfeitos co resultada e agardan poder amplialo para o ano vindeiro.