Cargando resultados...
Galicia acolle case un milleiro de persoas que fuxiron da guerra en Ucraína
Algunhas que chegaron ao inicio do conflito retornaron polas dificultades para acceder ao mercado laboral

G24.gal
09/10/2022 13:34
Última actualización 09/10/2022 14:16
A maior parte da poboación ucraína refuxiada que chegou a Galicia dende o inicio da guerra non agocha as ganas de volver ao seu país.
Levan máis de medio ano na nosa comunidade e a situación nas súas cidades ou vilas de orixe non mellora. Tampouco se albiscan cambios a medio prazo.
Pese a isto, algunhas persoas decidiron retornar á casa, sobre todo polas dificultades de acceso ao mercado laboral.
Antes da guerra, Galicia non contaba cunha comunidade ucraína. Agora, acolle case un milleiro de persoas procedentes dese país, segundo o Instituto Nacional de Estatística.