Galicia está entre as tres comunidades con máis doazóns de sangue
106.287 doazóns de sangue en Galicia en 2021
Os centros e unidades móbiles da Axencia de Doazóns de Organos e Sangue recolleron durante o ano pasado algo mais de 106.000 doazóns de sangue, o que supón 39,4 doazóns por cada mil habitantes, que se aproximan ás corenta fixadas como recomendables pola Organización Mundial da Saúde.
Santiago, Ferrol, Pontevedra e Ourense son as cidades con máis doazóns.
Segundo afirmou no Bos Días a directora da axencia galega, a maior parte das doazóns prodúcense nas sete grandes cidades da nosa comunidade. Os resultados foron especialmente destacables en Santiago.
A Axencia de Doazóns quere conseguir máis doadores entre a xente máis nova.
Aínda que nos esteamos aproximando ás cifras de recollida de sangue anteriores á covid, a responsable da Axencia de Doazóns di que nunha comunidade envellecida como Galicia é especialmente importante conseguir doadores entre a xente nova.
A maior parte do sangue recollido recíbeno doentes cronicos.
A curto prazo, a Axencia lembra as necesidade de sangue nas datas festivas, como as da próxima semana santa, sobre todo dos grupos A+ e 0-.
Aínda que sempre pensamos en accidentes ou operacións cando falamos de doazóns, o certo é que a maior parte do sangue recollido recíbeno doentes crónicos, sobre todo oncolóxicos.