Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia estenderá a alta velocidade a Santiago, Vigo, A Coruña e Pontevedra este verán

Galicia estenderá a alta velocidade a Santiago, Vigo, A Coruña e Pontevedra este verán

O presidente de Renfe confirma que para esa data estarán operativos sete trens Avril de Talgo

Isaías Táboas confirmouno durante a xuntanza que mantivo con Valentín González Formoso na Coruña

G24.gal 28/01/2022 20:15

Galicia contará no verán con 7 modelos Avril de Talgo que permitirán estender a alta velocidade ata as cidades de Santiago, Vigo, A Coruña e Pontevedra.

Así llo confirmou o presidente de Renfe ao secretario xeral dos socialistas galegos na xuntanza que mantiveron esta venres na Coruña.

Os Avril son modelos de ancho variable que poden desprazarse por toda a rede ferroviaria, a diferenza dos modelos actuais de AVE que só chegan ata Ourense.

González Formoso pediulle ao presidente de Renfe que recolla as demandas dos usuarios polos cambios nos horarios desde a chegada do Ave e melloras no eixo Ferrol-A Coruña.

"Para que esas infraestruturas que poden darlle unha perspectiva económica, social e turística nova a Galicia sexan unha realidade canto antes. E  que sexan infraestruturas do século XXI e non do século XVIII", dixo o lider do PSdeG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade