Cargando resultados...
Galicia logra a taxa máis baixa de abandono escolar da súa historia
Rebaixa en cinco puntos a taxa media española

G24.gal
28/01/2022 22:13
Galicia logra a taxa máis baixa da súa historia canto ao abandono escolar en 2021 con só un 8 por cento de estudantes que deixaron os estudos o ano pasado.
Os datos dos escolares galegos melloran en cinco puntos porcentuais a media española, instalada no 13 por cento.
Esta taxa cobra importancia se a comparamos cos datos de hai 13 anos, cando estabamos en case o 26 por cento.