Cargando resultados...
Galicia necesita sangue para a ponte festiva
Cómpre aumentar as reservas dos grupos 0 negativo e positivo
AXEGA chama a poboación a doar

G24.gal
03/12/2021 17:03
Galicia precisa incrementar as súas reservas de sangue dos grupos cero negativo e cero positivo.
A Axencia de Doazóns de Sangue fai un chamamento á poboación. Lémbrannos que é habitual que o ritmo de doazóns diminúa durante estas datas festivas, pero as necesidades de sangue sempre aumentan.
Por iso, piden a implicación da cidadanía á hora de doar e lembran que, en caso de urxencia, o cero negativo é o doador universal, polo que é o grupo que máis se necesita nos hospitais galegos.