Cargando resultados...
Galicia reforza a vacinación infantil contra o pneumococo
A nova vacina multiplica por catro a protección que ofrecía a anterior

G24.gal
15/04/2024 14:31
Dende hoxe, o Servizo Galego de Saúde vacina os bebés cunha dose máis completa fronte ao pneumococo. Administraranse tres doses aos dous, catro e seis meses, cun reforzo aos 11 meses.
A nova vacina cuadriplica a protección que ofrecía a anterior fronte a enfermidades leves do tracto respiratorio e a formas graves como a pneumonía, a meninxite e a sepse.