Cargando resultados...
Gran vitoria do Deportivo Abanca en Granada (0-3)
Millene Cabral levou as súas á primeira vitoria da temporada
Foto: @RCDeportivoFem
G24.gal
20/09/2026 14:51
A primeira vitoria do Deportivo Abanca chegou en Granada este mediodía, nesta cuarta xornada de liga. 0-3, vitoria cómoda, con dominio deportivista.
Foi un triunfo que tivo a Millene Cabral como a grande artífice. Dela foron os dous primeiros goles brancos e azuis, dous goles en 26 minutos. O primeiro, nun remate aos oito minutos, tras un córner que sacaba Olaya.
O segundo, no 26, tras pase de Lucía Rivas, marcador co que se chegaba ao descanso. O terceiro anotábao Sofía Domínguez tras unha acción de Michi Apóstol, xa no tempo engadido.
O equipo de Alberto Rodríguez suma, por fin, de tres.