Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sufocado en Muíños un incendio forestal que afectou o Parque do Xurés

Sufocado en Muíños un incendio forestal que afectou o Parque do Xurés

O lume queimou unha superficie de 4 hectáreas, segundo Medio Rural

Arquivo Arquivo
G24.gal 29/09/2026 07:52 Última actualización 29/09/2026 09:55

Un incendio forestal declarado no municipio de Muíños quedou extinguido tras queimar catro hectáreas de monte raso dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

A Consellería do Medio Rural informou este martes de que o lume, declarado ás 21:10 horas do luns na parroquia de Requiás, foi dado como extinguido ás 4:47 horas desta pasada madrugada. Para a extinción do incendio mobilizáronse dous axentes, catro brigadas e catro motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 e a aplicación móbil ALume para avisar en caso de incendio forestal, e tamén outro teléfono (900 815 085) para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña coñecemento ou sospeita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade