Cargando resultados...
Hai 80 contaxiados nunha residencia de maiores de Bembrive
Todos están ben, sen síntomas ou con síntomas moi leves
G24.gal
11/01/2022 17:17
Na área de Vigo, a residencia de maiores de Bembrive notificou 80 usuarios contaxiados. Todos están ben, sen síntomas ou con síntomas moi leves.
Este luns o persoal de Política Social fixou unha visita de revisión no centro. A residencia funciona con total normalidade.
A conselleira de Política Social confirmou que practicamente todos os usuarios de residencias de Galicia contaxiados están pasando a enfermidade con síntomas leves ou mesmo sen eles.