Cargando resultados...
Investigan a morte dunha parella en Xirona como posible crime machista
Atopáronos aos dous mortos na súa casa, e unha das hipóteses é que o home matou a muller e se suicidou

G24.gal
17/12/2021 08:42
Investigan a morte dunha parella en Xirona como posible crime machista. Atopáronos aos dous mortos na súa casa, e unha das hipóteses é que o home matou a muller e se suicidou, utilizando unha arma de caza.
Un familiar descubriu os corpos sen vida da parella, de 63 e 64 anos, no domicilio deles, na pequena localidade de Sant Joan de les Fonts.