Investigan sete menores por acoso escolar a un alumno dun instituto de Nigrán
Os alumnos investigados a raíz da denuncia por acoso teñen entre 14 e 16 anos
Segundo a familia do menor, o acoso comezou xa o curso pasado
A Garda Civil investiga un posible caso de acoso escolar nun instituto de Nigrán. A familia dun alumno do centro denunciou as vexacións que supostamente vén sufrindo por parte dos seus compañeiros desde o curso pasado. A Garda Civil está a investigar sete alumnos de entre 14 e 16 anos en relación con este caso.
Segundo o relato da familia, o acoso comezou con insultos e vexacións, e foi a máis este curso. Denuncian que comezaron a esixirlle pequenas cantidades de diñeiro e que mesmo sufriu agresións por negarse a pagar.
O caso está xa en mans da Fiscalía de menores de Pontevedra. O instituto activou o protocolo de prevención do acoso escolar.