Cargando resultados...
Javier Villoria: “Está saíndo moito talento de Galicia”
O adestrador do Celta e-Sports conversa no Galicia en goles na previa da Supercopa de eLaLigaSantander

G24.gal
28/01/2023 16:23
Esta tarde (18:00 horas), a sección de deportes electrónicos do Celta con JRA e Dani Navarrete busca o primeiro título da tempada no mundo do FIFA competitivo
E na sección de deportes electrónicos do Galicia En xogo con Anxo Tato e Antón Vieites falamos co seu adestrador Javier Villoria menos de 3 horas antes de que compitan co Alavés, Zaragoza e Real Valladolid polo primeiro título en xogo da tempada.