Cargando resultados...
Javier Villoria: “Nos penaltis hai algo de sorte, pero tamén moito traballo”
Co seu adestrador, lembramos o camiño do Celta na eLaLigaSantander

G24.gal
17/06/2023 20:45
Última actualización 17/06/2023 20:52
Esta entrevista xurdiu da conversa que mantivemos nesta sección do #GaliciaEnXogo a semana pasada con Juanma Serrano, adestrador do Sevilla. Juanma contaba que nas semifinais de eLaLiga Santander “non tiveron sorte” nos penaltis precisamente contra o Celta de JRA e Javier Villoria.
Nese momento o técnico do Celta contestou en privado e dixo, de sorte nada, e compartiu esta foto:

Con el falamos hoxe do traballo de scouting dos adestradores de FIFA Competitivo, dos play-offs que comezan o vindeiro domingo para estar no Mundial e mesmo da permanencia do Celta na Primeira División e como inflúe iso na súa sección de e-sports.