Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jeffrey Herlings proclámase campión do mundo de MXGP

Jeffrey Herlings proclámase campión do mundo de MXGP

É o terceiro título do neerlandés, que chegou co seu triunfo na primeira quenda do GP de Turquía

Para redondear a súa actuación, volveu gañar a segunda quenda, para completar o seu 5º pleno de puntos consecutivo

Rubén Fernández rematou de duodécimo a primeira quenda logo dunha caída, e de noveno na segunda

G24.gal 06/09/2026 14:29

O Mundial de MXGP xa ten campión: Jeffrey Herlings venceu a primeira manga do Gran Premio de Turquía e proclamouse campión do mundo por sexta vez, a terceira na máxima categoría.

Rubén Fernández rematou no duodécimo posto, logo de sufrir unha caída.

Herlings non parou aí, e volveu gañar a segunda quenda para asinar, no GP de Turquía, o seu quinto Gran Premio consecutivo co pleno de puntuación (10 puntos na cualificación, e 25 e cada unha das carreiras).

Na segunda proba da xornada, Rubén Fernández rematou no noveno posto, para rematar co undécimo posto no GP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade