Jones El-Abdellaoui, operado de maneira satisfactoria da súa lesión de xeonllo
Trasladouse a Noruega por motivos familiares e regresará a Vigo nos próximos días para continuar coa súa recuperación
O extremo internacional sub-21 marroquí Jones El-Abdellaoui operado de maneira satisfactoria da súa lesión de xeonllo esquerdo, segundo informou o Celta.
O futbolista celeste, que non puido disputar os últimos tres partidos oficiais -fronte a Málaga e Rácing en LaLiga EA Sports e contra o Omonia na liga Europa-, pasou polo quirófano debido á presenza de “un pequeno corpo articular libre” no xeonllo que estaba a provocar dor.
Aproveitando a longa parada que vivirá a Liga polos compromisos internacionais das seleccións nacionais, o xogador e os servizos médicos do Celta acordaron o seu paso polo quirófano en Noruega, onde se trasladou por motivos familiares.
O xogador regresará a Vigo nos próximos días para continuar coa súa recuperación.