Cargando resultados...
Lestedo reparte 40.000 unidades na festa de exaltación das súas filloas
Nesta XXVI edición estreou unha nova filloeira para poder repartir 3.000 á hora
A nova filloeira
G24.gal
26/02/2023 19:16
Última actualización 26/02/2023 19:39
Lestedo festexou este domingo a súa tradicional Festa da Filloa. Este ano, na súa XXVI edición, estreou unha nova filloeira para poder repartir unhas 3.000 unidades por hora, doces ou salgadas, pero todas feitas á pedra.
Centos de persoas achegáronse ata esta parroquia do concello de Boqueixón para degustar o produto estrela da súa gastronomía.
Ao longo do día fixéronse unhas 40.000 filloas nun ambiente festivo no que non faltaron os xenerais do Ulla e, por suposto, a música.
